O Concello do Pereiro de Aguiar acollerá durante o mes de xullo unha nova programación audiovisual coa celebración das proxeccións do Ciclo Mestre Mateo, que terán lugar no Auditorio dos Gozos.
As sesións desenvolveranse ás 21.00 horas e permitirán ao público achegarse a diferentes propostas do audiovisual galego, nun ciclo que promove a cultura, o cinema e a creación feita en Galicia.
A programación inclúe as seguintes proxeccións:
1 de xullo: Ao son da nova regueifa
2 de xullo: Antes de nós
3 de xullo: Sirât
4 de xullo: Deuses de pedra
5 de xullo: Abellón / Adeus, Berta / Algo novo que contar / Curman
7 de xullo: O silencio herdado
8 de xullo: Las líneas discontinuas
9 de xullo: 360 curvas
10 de xullo: San Simón
Dende o Concello convidamos á veciñanza a participar nestas sesións e a desfrutar dunha programación pensada para poñer en valor o cinema e o talento audiovisual galego.
Source link