Skip to main content

O Concello do Pereiro de Aguiar acolle o 3 de xullo, ás 21.00 horas, no Auditorio dos Gozos, a proxección da película Sirāt, dentro da programación do Ciclo Mestre Mateo.

A obra, de ficción, ten unha duración de 114 minutos e está cualificada como non recomendada para menores de 12 anos. Trátase dunha proposta cinematográfica intensa que sitúa ao espectador nunha viaxe marcada pola procura, a incerteza e o deserto como escenario principal.

Sirāt foi finalista en diferentes categorías dos Premios Mestre Mateo, entre elas longametraxe, dirección, guión, dirección de fotografía, dirección de produción, dirección de arte, montaxe, son, música orixinal, vestiario, maquillaxe e perruquería.

A película conta a historia dun home e o seu fillo, que chegan a unha rave perdida en Marrocos na procura de Mar, a súa filla e irmá, desaparecida meses atrás nunha festa semellante. Rodeados de música electrónica e dun ambiente de liberdade, decidirán seguir a un grupo de raveiros ata unha última festa que se celebrará no deserto, coa esperanza de atopala.

Esta proxección forma parte da programación do Ciclo Mestre Mateo no Pereiro, unha iniciativa que achega ao municipio diferentes propostas do audiovisual galego ao longo do mes de xullo.

Dende o Concello do Pereiro de Aguiar convidamos á veciñanza a asistir a esta nova cita co cinema e a desfrutar dunha obra recoñecida nos Premios Mestre Mateo.

Consulta tamén a programación completa das proxeccións do Ciclo Mestre Mateo no Pereiro.


Source link

Leave a Reply