Skip to main content

O Concello do Pereiro de Aguiar acolle o 4 de xullo, ás 21.00 horas, no Auditorio dos Gozos, a proxección do documental Deuses de pedra, dentro da programación do Ciclo Mestre Mateo.

A obra ten unha duración de 86 minutos e está cualificada como non recomendada para menores de 7 anos. Trátase dun documental que nos achega ao mundo rural, á memoria oral e ás historias que aínda permanecen vivas na fronteira entre Galicia e Portugal.

Deuses de pedra foi finalista na categoría de documental nos Premios Mestre Mateo, consolidándose como unha proposta audiovisual de gran valor cultural e narrativo.

A película presenta a historia de Mariana, unha nena de catro anos que descubre o mundo a través dos ensinos da súa mestra, nunha das últimas escolas rurais da fronteira entre Galicia e Portugal. A través do seu relato mestúranse os contos infantís coas lendas e historias que habitan o lugar. Entre relato e relato, Mariana medra e, aos dezaseis anos, enfróntase a unha importante decisión: partir da súa aldea e separarse da súa nai para estudar no estranxeiro.

Esta proxección forma parte da programación do Ciclo Mestre Mateo no Pereiro, unha iniciativa que achega ao municipio diferentes propostas do audiovisual galego durante o mes de xullo.

Dende o Concello do Pereiro de Aguiar convidamos á veciñanza a asistir a esta nova cita coa cultura, coa memoria e co cinema galego.

Consulta tamén a programación completa das proxeccións do Ciclo Mestre Mateo no Pereiro.


Source link

Leave a Reply