Expediente núm.: 811/2026
Actividade: Seleccións de Persoal e Provisións de Postos
Procedemento: Seleccións de Persoal e Provisións de Postos
Asunto: Convenio entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Pereiro de Aguiar, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027
Obra/servizo subvencionado: Brigada de prevención e defensa contra incendios forestais e chofer do vehículo motobomba para o ano 2026
BASES QUE REXERÁN A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL NO CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR PARA O ANO 2026
(Ao abeiro do Convenio entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local, Concello de Pereiro de Aguiar (O), para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027”
Sistema selectivo: CONCURSO – OPOSICIÓN
(Categorías profesionais: Xefe de Brigada, Peón condutor, Peóns de Brigada e Chofer de vehículo motobomba)
Source link