Skip to main content

O vindeiro 12 de xullo, o Pereiro de Aguiar volverá celebrar unha xornada dedicada á tradición, á cultura popular e aos oficios de sempre.

Durante todo o día haberá obradoiros, música, xogos populares, contacontos, actuacións, sorteos, artesanía e moitas propostas para desfrutar en familia.

📅 12 de xullo de 2026
🕚 Dende as 11.00 h
📍 Praza de San Antonio e contorna

Unha festa para lembrar as nosas raíces, compartir coa veciñanza e manter viva a nosa identidade.

Agardámosvos na VII Festa Etnográfica do Pereiro! 💚


Source link

Leave a Reply