ORDE DO 30 DE XULLO (DOG Nº157, DE 19 DE AGOSTO DE 2025)
Subvencións a entidades locais para programas de inclusión social para os anos 2025 ao 2027. Procedemento BS623C REFORZO EDUCATIVO
Desde o Concello de Allariz consideramos que o éxito escolar non debe depender das circunstancias do momento, se non do talento e do esforzo de cada neno, nena ou adolescente. Por iso, vimos de pór en marcha o Programa de Reforzo Educativo para menores de familias vulnerables, que nace coa vocación de garantir a igualdade de oportunidades, mediante a creación dun espazo de acompañamento no que apoiarse para acadar as súas metas e poder superar así as dificultades que supoñen as circunstancias económicas ou sociais menos favorables.
O Programa quere ofrecer acompañamento na realización das tarefas escolares, pero ademais quere darlle ferramentas como técnicas de estudo e profundizar en actividades que fortalezan a súa autoestima, motivación e benestar.
Source link