🏡 Servizo de asesoramento técnico sobre vivenda no Pereiro de Aguiar
O Concello do Pereiro pon á disposición da veciñanza un servizo de asesoramento técnico sobre vivenda, con información sobre os avais para a adquisición de vivenda.
✅ Solicitudes ata o 31/10/2026
✅ Persoas beneficiarias de ata 45 anos
✅ Para adquisición da primeira vivenda ou dunha vivenda protexida
✅ Axuda do 20 % do valor de mercado da vivenda ou do valor de taxación, o que resulte maior
Entre os requisitos principais están a adquisición mediante préstamo hipotecario, o límite de ingresos de 5,5 veces o IPREM e un prezo máximo de adquisición de 180.000 € no Pereiro de Aguiar.
📍 Atención persoal con cita previa
🗓 Todos os venres
🕙 De 10.00 a 14.00 h
📞 622 38 70 58
🌐 pereiro.gal
Source link