Skip to main content

  • A programación inclúe actividades formativas, de lecer na natureza e torneos deportivos que se desenvolverán entre os meses de xullo e setembro.

  • A mocidade de entre 13 e 33 anos terá prioridade nas prazas, cuxa inscrición debe realizarse de xeito presencial na Casa da Mocidade.

O Concello de Allariz, a través da súa área de Mocidade, vén de presentar o programa de actividades «Verán na Mocidade», unha variada axenda para os meses estivais que combina formación tecnolóxica e mecánica, turismo activo, astronomía e competicións lúdicas.

A programación está deseñada 100% en galego e procura fomentar a convivencia e a aprendizaxe. Como peculiaridade, para favorecer unha experiencia plena, todas as actividades (agás o obradoiro de privacidade) requirirán a obrigatoriedade da desconexión dixital por parte dos e das participantes.

Formación e Obradoiros

O bloque de obradoiros arrincará os días 16 e 23 de xullo (de 10:00 a 13:00 h) cunha formación teórica e práctica sobre a elaboración do teu propio podcast. En agosto, concretamente o día 20 ás 10:00 h no Seixo, impartirase un taller de mecánica básica de bicicletas. A formación pecharase o 3 de setembro abordando a privacidade na net, con aspectos básicos para protexer a identidade dixital.

Saídas e Turismo Activo

As viaxes e saídas fóra do municipio son outro dos pratos fortes do verán:

  • Ferrol e San Andrés de Teixido (do 28 ao 30 de xullo): Unha escapada que inclúe praia, paddel surf e pateo por un prezo de 100€ (80€ para residentes).

  • De volta para Cerceda (13 de agosto): Visita ao parque acuático cun custo de 15€ (12€ para residentes).

  • Terra de Trevinca (12 e 13 de setembro): Unha viaxe centrada en Trevinca (o pico máis alto de Galicia) e a astronomía, cun prezo de 100€ (80€ para residentes).

Campionatos e Lecer

Para os que prefiren a competición local, o programa inclúe tres torneos: Matraquillo (15 e 16 de xullo), Ping Pong (19 e 20 de agosto) e Xadrez (6 de setembro).

Inscricións e requisitos

Aínda que as actividades están abertas ao público de todas as idades, priorizarase á mocidade de 13 a 33 anos no caso de que se limiten as prazas. Para que cada actividade saia adiante requírese un mínimo de 8 persoas.

Todas as persoas interesadas deben apuntarse de xeito presencial na Casa da Mocidade.


Source link

Leave a Reply