Skip to main content

  • A axenda esténdese de maio a outubro e inclúe citas consolidadas como o Festival de Xardíns, as festas de San Bieito, o Festival RIR e as Xornadas da Carne de Boi.

  • O calendario estival combina a música, o teatro e o deporte coa posta en valor do patrimonio a través das escavacións na Cibdá de Armea e roteiros temáticos.

O Concello de Allariz presentou hoxe a súa programación de actividades para os meses de verán, unha planificación transversal con máis de 35 propostas deseñadas para ofrecer alternativas de calidade tanto para a veciñanza do municipio como para as persoas que o visitan. Na presentación participaron a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid; o concelleiro de Cultura, Alberto Conde; o concelleiro de Deportes, Carlos Puga; e a concelleira de Promoción Económica, María López.

O XVI Festival Internacional de Xardíns, baixo a temática «Xardíns da Liberdade», que arrancou xa en maio, manténse aberto na rúa Portovello ata o vindeiro mes de outubro.

A axenda cultural de xullo activarase coa exposición pictórica de Isauro González e unha nova edición do FLAZ (Festival Literario de Allariz), que se desenvolverá os días 3 e 4 na Casa da Cultura e na Praza do Matadoiro.

Citas festivas e artes escénicas

O mes de xullo concentrarase nos días 10, 11 e 12 coas celebracións de San Bieito. O programa destas festas, que se presentará nos próximos días, inclúe a obra Ñiquiñaque —unha coprodución do CDG con Espectáculos Valente— o venres 10 na Alameda, e a música tradicional do grupo Castro Floxo o domingo 12 na Praza do Matadoiro.

Así mesmo, o venres 24 conmemorase a Festa da Patria nos Xardíns do Museo do Coiro coas actuacións do Cuarteto Par de Par e o grupo Skadelos.

Xa en agosto, os días 22 e 23, terá lugar a tradicional Festa da Empanada. A fin de semana completase cunha intensa axenda deportiva e musical que inclúe o XXXIV Triatlon Vila de Allariz, a XXXV Regata de Piragüismo, as actuacións de Soul&Roll + Los Camachuelos e a sesión de DJ Varo Alonso. O teatro de rúa tamén terá un o seu espazo con propostas como a de Paula Quintas – Cía (7 de agosto) ou os Ghazafelhos (21 de agosto).

Arqueoloxía, cinema e feiras sectoriais

A programación estival reforza o seu carácter cultural coa posta en valor do patrimonio arqueolóxico a través de dúas quendas de traballo na Cibdá de Armea (en xullo e agosto). Ademais, organizaranse tres roteiros temáticos guiados vinculados aos muíños e curtidorías, á corte románica e á figura do fotógrafo José Suárez.

No eido audiovisual, o humor centrará a atención co RIR – Festival Internacional de Curtas de Comedia (do 30 de agosto ao 5 de setembro), seguido a finais de mes polo Ciclo Mestre Mateo de cinema galego. O comercio e os produtos locais tamén terán o seu espazo en setembro co mercado de artesanía «Arte de Man» na zona de Santo Estevo o 6 de setembro e a Feira dos Produtos Apícolas o sa´bado 13 de setembro.

Como peche do calendario, chegarán as Xornadas da Carne de Boi (do 25 de setembro ao 11 de outubro) e o roteiro teatralizado «Camiños de Pedra» a cargo de Platea Lúa (2 de outubro) porán o punto final a programación de verán deste 2026 en Allariz.

O programa completo podes consultalo aquí ⇓


Source link

Leave a Reply