Skip to main content

O Pereiro de Aguiar acolle unha xornada sobre as claves para conseguir unha lonxevidade saudable

O vindeiro xoves 15 de outubro, ás 16:00 horas, o Auditorio dos Gozos acollerá a presentación de IBERLONGEVA baixo o título “Claves para conseguir unha lonxevidade saudable: unha mirada dende o territorio”.

A iniciativa está organizada polo proxecto IBERLONGEVA, a Universidade de Vigo e o Centro Internacional sobre o Envellecemento (CENIE), e ten como obxectivo achegar á cidadanía diferentes perspectivas arredor do envellecemento saudable, a prevención da fraxilidade e a importancia do territorio na calidade de vida das persoas.

A xornada contará coa participación de Mónica de la Fuente del Rey, catedrática de Biociencias da Universidade Europea de Madrid, catedrática emérita de Fisioloxía da Universidade Complutense de Madrid e directora do módulo de saúde do proxecto IBERLONGEVA, que ofrecerá a intervención “Podemos acadar unha lonxevidade saudable?”.

Tamén participará Carmen Galán Barroso, xefa de Servizo na Unidade de Coordinación de Estudos do Imserso, coa intervención “A experiencia da soidade e o territorio”.

A actividade terá lugar no Auditorio dos Gozos, no Concello do Pereiro de Aguiar.

A asistencia require inscrición previa.

Unha oportunidade para coñecer, da man de persoas expertas, os factores que poden contribuír a unha vida máis longa e saudable e reflexionar sobre os retos do envellecemento desde unha perspectiva próxima ao territorio.


Source link