Skip to main content

O Concello do Pereiro de Aguiar acolle o 5 de xullo, ás 21.00 horas, no Auditorio dos Gozos, unha nova sesión do Ciclo Mestre Mateo, desta volta dedicada á animación.

Nesta xornada proxectaranse catro propostas audiovisuais galegas: Abellón, Adeus Berta, Algo novo que contar e Curmán. Catro pezas diferentes que permitirán ao público achegarse á creatividade, á diversidade narrativa e ao talento do audiovisual galego actual.

Esta sesión forma parte da programación do Ciclo Mestre Mateo no Pereiro, unha iniciativa que durante o mes de xullo achega ao municipio obras recoñecidas nos Premios Mestre Mateo e contribúe á difusión do cinema feito en Galicia.

Dende o Concello do Pereiro de Aguiar convidamos á veciñanza a asistir a esta nova cita coa cultura e a desfrutar dunha noite dedicada á animación galega.

Consulta tamén a programación completa das proxeccións do Ciclo Mestre Mateo no Pereiro.


Source link

Leave a Reply