Skip to main content

O Concello do Pereiro de Aguiar acolle o 8 de xullo, ás 21.00 horas, no Auditorio dos Gozos, a proxección da película Las líneas discontinuas, dentro da programación do Ciclo Mestre Mateo.

A obra, de ficción, ten unha duración de 90 minutos e está cualificada como non recomendada para menores de 12 anos. Trátase dunha película que aborda os cambios vitais, os encontros inesperados e a maneira na que determinadas persoas poden transformar a nosa realidade.

Las líneas discontinuas foi finalista en diferentes categorías dos Premios Mestre Mateo, entre elas longametraxe, dirección, guión, dirección de fotografía, dirección de produción, interpretación feminina protagonista, interpretación masculina protagonista, montaxe, son, música orixinal, maquillaxe e perruquería.

A película conta a historia de Bea, unha muller de 50 anos en proceso de divorcio, e Denís, un rapaz trans de 28 anos que loita contra a precariedade laboral. Un suceso inesperado fará que os seus camiños se crucen, dando lugar a un encontro que cambiará para sempre as súas vidas.

Esta proxección forma parte da programación do Ciclo Mestre Mateo no Pereiro, unha iniciativa que achega ao municipio diferentes propostas do audiovisual galego durante o mes de xullo.

Dende o Concello do Pereiro de Aguiar convidamos á veciñanza a asistir a esta nova cita co cinema galego e a desfrutar dunha obra recoñecida nos Premios Mestre Mateo.

Consulta tamén a programación completa das proxeccións do Ciclo Mestre Mateo no Pereiro.


Source link

Leave a Reply