O Concello do Pereiro de Aguiar informa á veciñanza de que, a partir do 29 de xuño de 2026, producirase un cambio na prestación do servizo de recollida de enseres domésticos voluminosos a demanda no domicilio.
A partir desta data, as persoas que precisen facer uso deste servizo deberán solicitar previamente a recollida contactando coa empresa Tragsa, ben a través do teléfono 988 03 30 92, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou mediante correo electrónico no enderezo [email protected].
Dende o Concello lémbrase que non se debe depositar ningún tipo de enser ou residuo voluminoso ao carón dos colectores sen ter solicitada previamente a súa recollida. Unha vez realizada a solicitude, a empresa concretará coa persoa interesada a data na que se levará a cabo o servizo.
Os enseres deberán deixarse no lugar indicado a noite anterior ao día establecido para a recollida, co fin de garantir unha correcta organización do servizo e evitar a acumulación indebida de residuos na vía pública.
O Concello do Pereiro de Aguiar agradece a colaboración da veciñanza para contribuír ao bo funcionamento deste servizo e ao mantemento da limpeza e orde nos espazos públicos.
Source link