-
Os alaricanos e alaricanas amosan unha vez máis a súa alta implicación coa reciclaxe téxtil e a economía circular, acadando os 2.979 quilos só no mes de setembro.
-
O acumulado dende xaneiro reflicte a solidariedade constante da veciñanza e a consolidación dos puntos de aportación cidadá.
O Concello de Allariz fixo público o balance dos datos de recollida de roupa e calzado xestionados a través da iniciativa solidaria ModaRe —impulsada por Cáritas— correspondentes aos primeiros nove meses do ano. Durante este período, a veciñanza logrou achegar un total acumulado de 17.873 quilos de material téxtil nos diferentes puntos habilitados no municipio.
O mes de setembro rexistrou o pico máis alto de recollida do ano, cun total de 2.979 quilos. A evolución mensual do servizo dende o inicio do ano reflicte unha gran constancia na participación cidadá: 1.445 kg en xaneiro, 1.480 kg en febreiro, 1.318 kg en marzo, 1.762 kg en abril, 2.156 kg en maio, 2.423 kg en xuño, 2.449 kg en xullo e 1.861 kg en agosto, sumados aos achegados este último mes.
Respecto ao acumulado total recollido en cada localización dende xaneiro ata setembro, o desglose é o seguinte:
-
Estrada Xunqueira: 2.869 kg
-
Punto Limpo de Allariz: 1.762 kg
-
Rúa Emilia Pardo Bazán, 63: 2.931 kg
-
Rúa Emilia Pardo Bazán, 33: 2.957 kg
-
Paseo Alameda: 2.983 kg
-
Rúa Campos Barreira: 2.954 kg
-
Rúa dos Canteiros, 53: 1.417 kg
O concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, quixo agradecer publicamente a implicación constante da veciñanza, sinalando que datos coma estes demostran que Allariz é un concello profundamente concienciado co coidado do planeta e coa economía circular. Varela engadiu que «desde o Concello seguiremos apostando por facilitar e achegar este tipo de iniciativas á cidadanía no día a día».
Dende a administración local lémbrase que os colectores e puntos de recollida continúan operativos de forma permanente, facilitando que calquera persoa poida depositar a súa roupa e calzado en bo estado durante todo o ano.
Source link