Skip to main content

  • A cita terá lugar o vindeiro domingo 6 de setembro na Zona de Santo Estevo, en horario continuado de 11:00 a 20:00 horas.

  • A programación contará con máis de vinte obradoiros de venda, exhibición de zapatería artesanal, o obradoiro de flores secas ás 17:30 h e a música en directo de SoLaSol (12:00 h) e Pandereteiras As Miñeiras (17:00 h).

O Concello de Allariz acolle o vindeiro domingo 6 de setembro unha nova edición do Mercado de Artesanía Arte de Man, unha cita xa consolidada no calendario cultural de Allariz que ten como obxectivo poñer en valor o traballo feito a man, o talento e a creatividade.

O encontro desenvolverase na Zona de Santo Estevo entre as 11:00 e as 20:00 horas, transformando este espazo emblemático do centro histórico nun fervedoiro de creatividade onde veciñanza e visitantes poderán interactuar directamente cos creadores e adquirir pezas exclusivas.

A edición deste ano reunirá unha coidada selección de máis de vinte propostas que abranguen desde as disciplinas máis tradicionais ata a artesanía contemporánea e de deseño. Entre os obradoiros participantes destacan obradores como Olería do Batán, Mor Talla (con talla e telas africanas), I3D Deseño Galego, Magari Clay, Estudo Aldea, Rio Mao Estudio ou A Marinheta, xunto cos traballos téxtiles de Xogo de Fios, Enxógate e Paseloqpase.

O mercado completará a súa oferta cos xabóns artesanais con leite de burra de A.N.D.R.E.A, Feitizosoaps, a encadernación artesanal de Elisabeth, e as creacións de Xabier Varela, Rosa Ana Soto, So Para Min, Laicalúa, Maria Aba, Luciernaga, D-Rositas e Artesanía Nómada.

Dentro da programación de actividades destaca o obradoiro de creación con flores secas a cargo de Moi de Flores, que se celebrará ás 17:30 horas (gratuíto, +6 anos, prazas limitadas por orde de chegada). Ademais durante a xornada haberá exhibición de Oficios Vivos.

A animación musical será outro dos grandes atractivos da xornada no Mercado de Artesanía, Arte de Man, coas actuacións en directo de SoLaSol ás 12:00 horas e das Pandereteiras As Miñeiras ás 17:00 horas.

Coa organización do mercado Arte de Man, Allariz reafirma o seu compromiso coa promoción do comercio de proximidade, o apoio activo aos pequenos obradoiros e a dinamización cultural.


Source link

Leave a Reply