Skip to main content

O Concello do Pereiro de Aguiar pon en marcha unha nova tempada de actividades deportivas para o curso 2026/27, cunha ampla programación dirixida tanto ao público infantil e xuvenil como ás persoas adultas.

As inscricións abren o 1 de setembro e, no caso das actividades para adultos, as clases darán comezo o 1 de outubro. Para as actividades infantís e xuvenís, as familias deberán consultar as datas de inicio nos teléfonos de contacto correspondentes a cada disciplina.

A programación para nenos e mozos inclúe fútbol, minibasket, Kung Fu infantil, patinaxe, balonmán, atletismo, xadrez, ximnasia rítmica, arco e halterofilia, con diferentes grupos, horarios e condicións de participación.

Pola súa banda, a oferta para persoas adultas inclúe ximnasia, ioga, iogalates, Boxing-Kick e Defensa Persoal, pilates, zumba, baile latino e circuit training. As actividades distribúense ao longo da semana en distintas franxas horarias para facilitar a participación e ofrecer alternativas adaptadas a diferentes preferencias.




Infantil / Xuvenil

Horario Luns Martes Mércores Xoves Venres
16:00 – 17:00 Escoliñas CD Pereiro Atletismo Escola
Kung Fu infantil
Minibasket
Balonmán
Halterofilia
Atletismo Escola
Kung Fu infantil
Escoliñas CD Pereiro
16:00 – 18:00 Ximnasia Rítmica Ximnasia Rítmica
16:30 – 17:30 Atletismo Escola (marzo) Atletismo Escola (marzo)
16:30 – 18:00 Patinaxe
17:00 – 18:00 Minibasket Kung Fu infantil Kung Fu infantil
17:00 – 18:30 Atletismo Atletismo Atletismo
18:00 – 19:00 Arco
20:00 – 21:00 Arco

Fútbol
Minibasket
Kung Fu infantil
Patinaxe
Balonmán
Atletismo
Xadrez
Ximnasia Rítmica
Arco
Halterofilia




Adultos

Horario Luns Martes Mércores Xoves Venres
17:00 – 18:00 Boxing – Kick
Def. Persoal
Boxing – Kick
Def. Persoal
18:00 – 18:50 Pilates Pilates
18:00 – 19:00 Ioga
18:30 – 19:20 Ximnasia Ximnasia
19:00 – 19:50 Pilates Pilates
19:00 – 20:00 Baile Latino
iniciación
19:30 – 20:20 Circuit training Circuit training
20:00 – 21:00 Zumba Zumba Baile Latino
perfeccionamento
20:30 – 21:20 Iogalates Iogalates

Boxing-Kick / Def. Persoal
Ioga
Ximnasia
Circuit training
Pilates
Zumba
Iogalates
Baile Latino

Algunhas das propostas están suxeitas a un número mínimo de participantes e contan con diferentes modalidades de inscrición e cotas segundo a actividade.

Con esta nova programación, o Concello continúa apostando pola práctica deportiva, os hábitos de vida activa e unha oferta de lecer saudable para diferentes idades ao longo de todo o curso.

As persoas interesadas poden consultar a información completa sobre inscricións, horarios, cotas e teléfonos de contacto en pereiro.gal.

Tamén se pode seguir toda a actualidade deportiva municipal a través da páxina de Facebook de Pereiro Deporte.


Source link

Leave a Reply