A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega da Industria Forestal, publicou unha nova convocatoria de axudas destinada á redacción de proxectos e á realización de obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.
Poderán beneficiarse destas subvencións as persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, sociedades civís e agrupacións sen personalidade xurídica, as entidades locais e do sector público, así como profesionais autónomos.
As actuacións subvencionables inclúen tanto a redacción de proxectos de construción como a execución de obras de nova construción ou ampliación nas que se utilice madeira como elemento estrutural. Tamén poderán incluírse gastos relacionados cos honorarios técnicos, a dirección facultativa, os materiais e outros conceptos directamente vinculados coa actuación.
A axuda poderá cubrir ata o 75 % dos gastos subvencionables, cun límite máximo de 20.000 euros para a redacción de proxectos e de 55.000 euros para a execución de obras. Estas subvencións son compatibles con outras axudas.
O prazo de presentación de solicitudes comeza ás 9.00 horas do día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto ata as 20.00 horas do día no que se cumpra un mes desde o seu inicio. A concesión realizarase por concorrencia non competitiva, seguindo a orde de presentación das solicitudes completas.
As persoas interesadas poden realizar a tramitación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, mediante os procedementos MR502B, MR502D, MR502E e MR502G.
O Concello do Pereiro de Aguiar ofrece un servizo de asesoramento técnico en materia de vivenda todos os mércores, de 10.00 a 14.00 horas. Para obter máis información, pódese contactar a través do teléfono 622 387 058.
Source link