O Concello, en colaboración coa Subdelegación do Goberno de Ourense, organiza unha sesión do proxecto “ A Administración préto de ti”.
Un equipo composto por funcionarios/as da Oficina de Rexistro da Subdelegación desprazarase ata o concello para prestar atención personalizada individualizada a cada persoa participante, co obxecto de:
– Expedir e instalar o Certificado Dixital de Persoa Física no teléfono móvil.
– Explicar o uso que se pode facer co mesmo para realizar os trámites máis habituais, adaptándose ás necesidades de cada persoa, e aclarar as dúbidas que poidan xurdir.
Para poder levar a cabo esta iniciativa é preciso contar cun mínimo de 15 persoas asistentes.
É necesaria a inscrición previa no enderezo electrónico [email protected], ou chamando ao número de teléfono 988 25 93 85.
Source link