O Concello do Pereiro de Aguiar informa da apertura do prazo de inscrición para o Obradoiro de Memoria 2026, unha actividade que se desenvolverá en diferentes locais sociais do municipio.
Esta iniciativa ofrece á veciñanza unha oportunidade para exercitar a memoria, manter a mente activa e participar nun espazo de aprendizaxe e convivencia.
Horarios e locais onde se impartirá a actividade
Os grupos estarán distribuídos da seguinte maneira:
- Luns: Calvelle (15:45 a 17:15 h), Pereiro (17:30 a 19:00 h) e Tibiás (19:15 a 20:45 h).
- Martes: A Derrasa (15:45 a 17:15 h) e Loñoa (17:30 a 19:00 h).
- Mércores: Melias (15:45 a 17:15 h) e Vilariño (17:30 a 19:00 h).
Todas as sesións terán lugar nos respectivos locais sociais.
Requisitos e inscricións
Para participar no Obradoiro de Memoria é imprescindible estar empadroado ou empadroada no Concello do Pereiro de Aguiar.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición chamando aos teléfonos:
988 25 98 39 / 988 25 93 85
Pódese consultar o documento informativo adxunto para obter todos os detalles sobre os grupos e horarios da actividade.
Source link