- A Praza do Matadoiro acollerá unha xornada completa con obradoiros, charlas divulgativas, espectáculos e degustacións de produtos locais.
- Na rolda de prensa de hoxe participaron os concelleiros Bernardo Varela e María López, xunto a Antonio García e Afonso Vasalo en representación da Asociación Galega de Apicultura (AGA).
O Concello de Allariz acollerá o vindeiro sábado, 12 de setembro, a IX Feira dos Produtos Apícolas, unha cita xa consolidada no calendario municipal que ten como obxectivo promover o sector apícola, poñer en valor o mel e os seus derivados e concienciar sobre a importancia das abellas no noso ecosistema.
Na presentación oficial celebrada hoxe participaron Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente; María López, concelleira de Promoción Económica; e Antonio García e Afonso Vasalo, apicultores e membros da Asociación Galega de Apicultura (AGA).
Durante o acto, os representantes municipais e de AGA destacaron a relevancia de seguir apoiando o produto local de calidade e de ofrecer espazos de divulgación e lecer para toda a veñanza e visitantes.
Programación da Feira
A feira desenvolverase na Praza do Matadoiro en horario continuado de 10:00 a 20:00 horas, co seguinte programa de actividades:
- Mañá:
- 10:00h: Apertura da Feira.
- 12:00h: Obradoiro «Tres en raia apícola», impartido por Marga Miguens. (Para acudir ao obradoiro requírese inscrición previa no correo:
alacenadoulla@hotmail.com).
- Tarde:
- 16:00h: «Introdución á apicultura», por Joaquín Lozano.
- 18:00h: Espectáculo «Unha noite no muíño…», a cargo de A Trastenda dos Contos.
- 19:00h: Charla-degustación de queixo e mel, por Alberto Fernández.
- 20:00h: Sorteo de dúas cestas con produtos da Feira e clausura.
Desde o Concello de Allariz fáiselles un convite a todas as persoas interesadas a achegarse o vindeiro 12 de setembro para gozar dunha xornada divulgativa e festiva ao redor da apicultura.
Source link