O Concello do Pereiro de Aguiar continúa coa súa programación cultural cunha nova actividade dirixida ao público familiar. O vindeiro 3 de xullo, ás 20.00 horas, a Praza do Concello acollerá o contacontos “Aldara na montaña”, da man de Soraya Lema.
Esta proposta forma parte do programa Ler conta moito, unha iniciativa que busca achegar a lectura, a narración oral e a cultura á veciñanza dun xeito participativo, próximo e accesible.
A actividade está especialmente pensada para nenos, nenas e familias, ofrecendo unha oportunidade para gozar dunha tarde diferente a través dos contos, a imaxinación e a palabra.
Dende o Concello do Pereiro de Aguiar animamos á veciñanza a participar nesta cita cultural e a seguir gozando das actividades programadas para estas datas.
Source link