Skip to main content

Vehículo para a recollida separada de biorresiduos

Os Concellos de Allariz e Vilar de Santos resultaron beneficiarios de unha axuda da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, convocada pola Orde do 15 de xaneiro de 2026 para o financiamento de actuacións dirixidas a incrementar a ecoeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal (procedemento MT975X) e cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027. O importe concedido ascende a 121.638,88 euros.

A actuación subvencionada é a seguinte:

  • Liña 2: Vehículo para a recollida separada de biorresiduos (exp. EELL-0263-2026-RES): 121.638,88 €. Adquisición dun vehículo específico para a recollida separada dos biorresiduos, que permitirá crear unha ruta diferenciada para esta fracción, garantir a súa trazabilidade e o seu transporte ata a instalación de tratamento para a súa valorización.

O obxectivo principal destas axudas é ampliar a capacidade de xestión de residuos municipais e o resultado que se pretende acadar é aumentar a cantidade de residuos que se recollen de xeito selectivo, en liña cos obxectivos do Plan de Xestión de Residuos Municipais de Galicia 2030 e da Lei 7/2022 de residuos e solos contaminados para unha economía circular.

As actuacións executaranse ao longo de 2026. Os Concellos de Vilar de Santos e Allariz piden a colaboración da veciñanza para facer un bo uso dos novos servizos, dos que se irá informando a medida que entren en funcionamento.

Actuación cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027 (taxa de cofinanciamento do 60 %) e pola Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.Allar


Source link