Dende o CIM do Pereiro de Aguiar impulsamos o VI Concurso de debuxos 25N para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero.
Este concurso ten como obxectivo promover entre o alumnado e a xente nova co concello o fomento da imaxinación, a creatividade e a observación a través dun debuxo relacionado coa loita contra a violencia de xénero co propósito de previr, concienciar e sensibilizar da existencia desta lacra social e manifestar de forma activa e interxeneracional a repulsa contra toda manifestación de violencia de xénero.
A participación consistirá na elaboración dun debuxo, viñeta ou slogan que reflicta a repulsa contra todo tipo de manifestación de violencia de xénero.
Source link