O Martes, 27 de Outubro as 18:30hs no salón de actos dos gozos, poderá desfrutar de O Censor de Monstros, por parte de Contacontos Barafunda.
Trátase dunha proposta cultural dirixida ao público infantil e familiar, que convida a gozar dunha tarde de historias, fantasía e imaxinación.
Esta actividade forma parte da programación de reaOU, a Rede de Auditorios Provincial de Ourense, promovida pola Deputación de Ourense coa participación do Concello do Pereiro de Aguiar.
Desde o Concello animamos a todas as familias a participar nesta actividade e gozar dunha tarde de cultura e entretemento.
Source link