Outro ano máis, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, entregaranse entradas para os nenos e nenas empadroados no Concello do Pereiro de Aguiar. As entradas serán validas entre os días 5 e 8 de outubro no seguinte horario: De10:00h a 14:00 h. e de 16:00h. a 20:00h.
Requisitos:
O concello entregará unha entrada por neno ou nena maior de 3 anos ( a entrada dos menores desta idade é gratuíta).
Estar empadroados no concello (comprobarase de oficio).
A entradas asignaranse por estrita orde de inscrición, para elo, os interesados deberán enviar unha mensaxe de WhatsApp có nome e apelidos do menor, idade e teléfono de contacto ao teléfono da Biblioteca 685528538, asegurando deste xeito o día e a hora da solicitude.
NON SE COLLERAN RESERVAS MEDIANTE CHAMADA TELEFÓNICA.
Como tes que recoller a túa entrada?
Unha vez feita a solicitude, terás que recollela na Biblioteca Pública, a partir do día 2 de outubro pola tarde.
O horario da Biblioteca é de luns a venres de 9.30h. a 14.30h. e de 15.30h. a 19.30h.
MOI IMPORTANTE:
As entradas SON LIMITADAS, polo que si estás anotado e por calquera motivo non podes acudir, chama a Biblioteca para darte de baixa, e así poder asignalas a outra persoa.
Source link