O Concello do Pereiro de Aguiar organiza o vindeiro luns 28 de setembro unha saída para asistir como público ao programa Land Rober Tunai Show.
Para esta actividade disporase dun máximo de 55 prazas, destinadas prioritariamente a persoas empadroadas no municipio maiores de 18 anos. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición.
No caso de que queden prazas dispoñibles, tamén poderán participar persoas non empadroadas no Pereiro de Aguiar.
A saída terá lugar ás 17:00 horas desde o Concello.
As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición chamando ao teléfono 988 259 839 de 9:00 a 14:30hs.
Unha oportunidade para compartir unha tarde diferente e desfrutar en directo dun dos programas de entretemento máis populares da televisión galega.
Source link