Skip to main content

O despregamento dos servizos 4G e 5G pode provocar interferencias na sinal da TDT

O despregamento dos novos servizos móbiles 4G e 5G nas bandas de 700 e 800 MHz permite mellorar a cobertura móbil, especialmente no interior dos edificios, e ampliar o alcance das conexións de alta velocidade. Porén, nalgúns casos, estas emisións poden provocar interferencias na recepción da Televisión Dixital Terrestre (TDT) en vivendas e edificios.

Para solucionar estas posibles incidencias está dispoñible Llega700, a entidade encargada de garantir a compatibilidade destes novos servizos móbiles coa TDT. No caso de detectar problemas na recepción da televisión relacionados co despregamento do 4G ou 5G, a revisión e a resolución da incidencia realizaranse de maneira totalmente gratuíta.

Como comunicar unha incidencia?

As persoas afectadas poden contactar co Centro de Atención ao Usuario de Llega700 a través de:

Teléfono gratuíto: 900 833 999
Web: www.llega700.es

A incidencia tamén pode rexistrarse directamente mediante o formulario dispoñible na súa páxina web.

No caso de vivir nunha comunidade de propietarios, a comunicación deberá realizala a persoa que exerza a presidencia ou a administración da comunidade.

Desde o Concello do Pereiro de Aguiar compartimos esta información para que a veciñanza saiba como actuar ante posibles problemas na recepción da TDT derivados da implantación destes novos servizos de telefonía móbil.


Source link

Leave a Reply