O Concello do Pereiro de Aguiar acollerá o vindeiro 11 de setembro unha xornada do programa «Toponimízate», unha iniciativa orientada á divulgación, conservación e recuperación da toponimia galega.
A actividade terá lugar ás 19.30 horas no Centro de Maiores Os Gozos e permitirá coñecer máis sobre a importancia dos nomes tradicionais dos lugares e sobre as distintas formas nas que a cidadanía pode colaborar na súa recuperación e conservación.
Baixo o lema «Falámosche dos nomes da túa terra», a xornada busca poñer en valor a riqueza toponímica do territorio e fomentar a participación da veciñanza na preservación dun patrimonio que forma parte da nosa historia, da nosa lingua e da identidade de cada lugar.
A iniciativa está promovida pola Xunta de Galicia e a Real Academia Galega, no marco das accións de dinamización e posta en valor da lingua e do patrimonio toponímico galego.
11 de setembro de 2026
19.30 horas
Centro de Maiores Os Gozos
O Pereiro de Aguiar
Desde o Concello do Pereiro de Aguiar convidamos a toda a veciñanza interesada a participar nesta xornada e a contribuír á conservación dos nomes que forman parte da memoria do noso territorio.
Source link