Skip to main content

O Pereiro de Aguiar acollerá o vindeiro 19 de setembro unha nova cita coa música e a cultura galega coa celebración de Xolóra de Aguiar, enmarcada no programa Concertos do Xacobeo.

A programación desenvolverase en Os Gozos a partir das 19.00 horas e contará coa actuación de Treixadura, un dos grupos de referencia da música tradicional galega.

A xornada completarase co show de maxia de Pablo Estévez e cunha foliada a cargo das Lapacaldas, coa colaboración de Airiños dos Foles, ofrecendo unha tarde de encontro arredor da música, da tradición e da cultura popular.

Ademais, haberá posto de pulpeira para completar unha celebración pensada para desfrutar en compañía.

📅 Sábado, 19 de setembro de 2026
🕖 A partir das 19.00 horas
📍 Os Gozos – O Pereiro de Aguiar
🎟️ Entrada de balde

Desde o Concello do Pereiro de Aguiar convidamos a veciñanza e visitantes a participar nesta cita e a desfrutar dunha xornada festiva que pon en valor a nosa música, a nosa cultura e as nosas tradicións.


Source link

Leave a Reply