Skip to main content

O Concello do Pereiro de Aguiar ten previsto seguir co Programa de Conciliación (Aula Concilia) o vindeiro curso 2026/27. Poderán acceder a el aquelas familias que, tendo fillos/as en idade escolar, entre 3 e 12 anos, necesiten compatibilizar os seus horarios laborais e familiares. As solicitudes poderanse presentar nas oficinas de rexistro do concello ou a través da sede electrónica.

Prazo de inscrición   do 10 de xullo ao 14 de agosto
Listaxe provisional   26 de agosto
Prazo de subsanación de erros   do 26 de agosto ao 30 de agosto
Listaxe definitiva   4 de setembro

Requisitos imprescindibles:

  • Que os proxenitores se atopen en situación laboral de incompatibilidade horaria para o coidado dos seus fillos/as.
  • Que o/a proxenitor/a solicitante e o/a neno/a estean empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar, ou que o /a neno/a estea matriculado/a no CEIP “Benchoshey”.

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

  1. Solicitude cumprimentada e asinada (poderán descargala da páxina web do concello ou do blog da aula pirata)  Deberase cubrir unha solicitude por cada neno/a, o resto documentación común non necesita ir por duplicado.
  2. Copia do DNI do/a pai/nai solicitante
  3. Copia da tarxeta sanitaria de cada neno/a.
  4. Certificado/s de empresa, dos dous proxenitores, no/s que figure o horario laboral (aceptaranse os que teñan unha antigüidade non superior ao mes de maio de 2026).
  5. Declaración IRPF do ano 2025, de ambos proxenitores, ou certificado de non tela presentada (negativo de facenda).
  6. Vida laboral de ambos proxenitores (páxinas 1 e 2), corpos especiais: documentación acreditativa da situación en activo, ou similar.
  1. Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
  2. No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.

No caso de que quedaran prazas sen cubrir, de forma excepcional, poderían solicitar o servizo aquelas familias que tiveran necesidade de conciliación por motivos laborais esporádicos, de formación, ou por ter a cargo familiares dependentes, aportando a debida acreditación documental.


Source link

Leave a Reply