Skip to main content

A VII Festa Etnográfica de Loñoá 2026 contará cunha programación especial pensada para os máis pequenos e pequenas da casa baixo o nome de Feira Miúda.

Ao longo da xornada, as familias poderán desfrutar de diferentes actividades infantís, obradoiros, xogos teatralizados, contacontos e propostas participativas que combinarán diversión, creatividade e tradición.

A programación dará comezo ás 11.00 horas coa apertura da VII Festa Etnográfica. A continuación, desenvolveranse actividades como un escape room infantil, un obradoiro de cestería, o gran xogo teatralizado “O estraño caso da ola perdida”, un obradoiro de brinquedos, o contacontos “Off-Line” con Nerea Rodríguez e a proposta musical “Como montar a túa banda de verán”, con Xoán Curiel.

Ademais, durante todo o día haberá un punto de intercambio de libros infantís, unha iniciativa pensada para fomentar a lectura entre os nenos e nenas dun xeito participativo e divertido.

Dende o Concello do Pereiro de Aguiar convidamos a todas as familias a achegarse a Loñoá e participar nesta xornada festiva, pensada para desfrutar da cultura, da tradición e do lecer en comunidade.

Programa Feira Miúda

11.00 h. Apertura da VII Festa Etnográfica
11.30 h. – 12.30 h. Escape room infantil
12.00 h. – 14.00 h. Obradoiro de cestería
13.00 h. Gran xogo infantil teatralizado “O estraño caso da ola perdida”
17.00 h. – 19.00 h. Obradoiro de brinquedos
17.30 h. Contacontos “Off-Line” con Nerea Rodríguez
17.30 h. – 18.30 h. Escape room infantil
18.15 h. “Como montar a túa banda de verán”, con Xoán Curiel
19.00 h. Gran xogo infantil teatralizado “O estraño caso da ola perdida”

Punto de intercambio de libros infantís durante todo o día.


Source link

Leave a Reply