Skip to main content

O verán chega e, con el, as facturas máis altas e as reservas de auga máis xustas. Non fai falta facer grandes cambios na casa para notar a diferenza — abonda con revisar catro costumes do día a día. Aquí tes unha guía práctica, estancia por estancia, con consellos que che aforrarán auga e, de paso, tamén cartos.

Por que aforrar auga importa (máis aínda no verán)

En Galicia damos por feito que a auga sempre está aí. Pero os veráns cada vez son máis secos, e o consumo doméstico pesa máis do que pensamos na presión sobre o abastecemento local. A boa noticia é que os pequenos xestos, multiplicados por todos os fogares do concello, marcan diferenza real.

Na cociña

  • Pecha a billa mentres enxaboas os pratos. Ábrea só para enxaugar.
  • Non deixes billas pingando — parece pouca cousa, pero suma litros ao día.
  • Usa o lavalouzas e a lavadora só cando estean completamente cheos, e con programa economizador.
  • Lava froitas e verduras nun recipiente, non baixo a billa aberta. O mesmo vale para desconxelar alimentos.
  • Remolla potas e tixolas antes de fregalas — evitas fregar a fondo con billa aberta. Instala filtros atomizadores nas billas: reducen o caudal sen que notes a diferenza ao lavar.
  • Garda sempre auga fresca na neveira, así non tes que deixar correr a billa esperando que arrefríe.
  • Cando toque cambiar electrodomésticos, mira o consumo de auga tanto coma o eléctrico.

No baño

  • Pecha a billa mentres te afeitas, lavas os dentes ou as mans.
  • Recolle a auga nun recipiente mentres agardas a que quente — despois sírvece para regar ou fregar.
  • Cambia o baño pola ducha, e non te eternices baixo a auga.
  • Vixía a cisterna do inodoro: se pinga, estás a perder auga sen decatarte.
  • Se o inodoro é antigo, mete unha botella chea de auga ou area na cisterna para reducir o gasto por descarga.
  • Nos modernos, aposta por sistemas de dobre pulsación. Non tires toalliñas nin produtos de hixiene polo inodoro — ademais de gastar auga en atascos, é o famoso “monstro das toalliñas” das canalizacións.

No xardín

  • Rega nas horas de menor calor (á mañá cedo ou ao solpor), así evitas que a auga se evapore antes de facer efecto.
  • Escolle plantas autóctonas, adaptadas ao clima de aquí — necesitan menos rega.
  • Revisa billas, mangueiras e bombas de auga por se hai fugas.
  • Varre follas e zonas exteriores coa vasoira, non coa mangueira.
  • Instala un depósito para recoller a auga da chuvia que cae dos canalóns — servireiche para regar sen gastar auga potable.
  • Se tes coche, mellor unha estación de lavado automático que a mangueira na casa.
  • E se tes mascotas, aproveita para bañalas nunha zona do terreo que xa necesite rega.

Na piscina

  • Cobre a piscina cando non a esteas usando, para evitar que a auga se evapore.
  • Revisa que non haxa fugas estruturais nin problemas de estanquidade.
  • Mantén sempre o nivel de auga axeitado — protexe a estrutura do vaso e evitas desperdiciar volume.
  • Se tes ducha exterior, instálalle un botón de paro automático.

Un último consello antes de saír de casa

Se vas estar fóra varios días, pecha a chave de paso xeral. É o xeito máis sinxelo de evitar sustos (e facturas) por unha fuga que ninguén detecta a tempo.


Source link

Leave a Reply