O Concello de Allariz informa de que a zona da Acearrica permanecerá pechada temporalmente para realizar traballos de retirada de varias árbores que, segundo os informes técnicos realizados, presentan risco para a seguridade neste espazo.
A época escollida vén determinada pola tramitación dos permisos e co fin de evitar os maiores danos que se producirían no espazo candos o terreo está máis húmido, polo paso de maquinaria pesada.
Trátase dunha actuación preventiva que ten como único obxectivo garantir a seguridade da veciñanza e das persoas visitantes, así como contribuír á mellora e conservación deste entorno natural.
Os traballos realizaranse coa maior rapidez posible para minimizar as molestias, estímase que terán unha duración de 3 días, e o espazo será aberto ao público á máxima brevidade unha vez finalizadas as actuacións.
As persoas interesadas poden consultar o estudo técnico que fundamenta esta actuación na seguinte ligazón:
Source link