O Ruxido Fest está cada vez máis preto e xa podemos anunciar os horarios oficiais desta edición.
O vindeiro sábado 13 de xuño, a Zona Monterrei, no Pereiro de Aguiar, converterase no punto de encontro para gozar dunha noite chea de música, ritmo e moita enerxía.
A programación comezará ás 22:00 h con Denial 404 en concerto, abrindo unha noite que continuará con propostas para todos os gustos e cun cartel pensado para non deixar de vibrar ata a madrugada.
Estes son os horarios do Ruxido Fest:
22:00 h — Denial 404 en concerto
23:00 h — Marcos Gramola
00:15 h — Dumore
01:30 h — DMIRON
02:30 h — LG1DO
03:15 h — Groove Amigos
Unha noite para descubrir novos sons, bailar, compartir e vivir a música nun ambiente único.
Lembra: a entrada é libre e gratuíta.
Prepara a noite, xunta á túa xente e ven gozar do Ruxido Fest.
O ruxido xa ten hora...
Source link