Skip to main content

A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, acompañada pola representación das concellerías de Cultura e Mocidade, Alberto Conde e Iago Santás, presentou esta mañá a programación oficial para festexar o Día das Letras Galegas 2026. Baixo o lema «Benvida Letras Galegas!», a vila súmase á celebración da figura de Begoña Caamaño, a escritora e xornalista á que se lle dedica esta edición, cunha oferta que combina o talento local e o fomento da lectura.

Xoves, 14 de maio: Actividade previa na Biblioteca
Como antesala das grandes celebracións na rúa, a programación arrancará o xoves 14 de maio ás 20:30h na Biblioteca Municipal. O xornalista e escritor Javier Fraiz presentará o seu libro Amar Azar, nun acto no que contará co acompañamento de Fernando Varela. Esta cita literaria servirá de prólogo para a fin de semana dedicada á nosa lingua.

Venres, 15 de maio: Talento local e ritmo na Praza Maior
As actividades na rúa darán comezo o 15 de maio ás 20:30h na Praza Maior cunha xornada que celebra a vitalidade da nosa cultura e da mocidade:

  • Actuación do alumnado da Escola de Música Tradicional.
  • Concerto do alumnado de Combo: Música Moderna.
  • Peche da noite co grupo de PunkPop de Pontedeume, Bule.

Domingo, 17 de maio: Letras, música e público familiar na Alameda
O día grande, o 17 de maio, a actividade trasladarase á Alameda para reivindicar o legado literario en galego e a importancia da palabra:

13:00h: Concerto da Banda Unión Musical de Allariz.

17:00h: Dentro do programa «Ler conta moito», o grupo Os Jalochos porá en escena a peza para o público infantil «A landra viaxeira e o amigo Lambón».

Dende o consistorio destacouse que esta programación busca conectar a todas as xeracións coa nosa lingua, rendendo tributo a unha autora que, como Begoña Caamaño, destacou pola súa calidade literaria e o seu compromiso co xornalismo e o feminismo.

O Concello de Allariz convida á veciñanza e visitantes a saír á rúa e participar nunha programación que celebra a vixencia e o futuro da nosa lingua.


Source link

Leave a Reply