Skip to main content

Convocada a sesión ordinaria do Pleno da Corporación, que terá lugar o martes, 31 de marzo de 2026, ás 20:00 horas, na Casa do Concello.

Orde do día:

  1. Aprobación de actas: acta do 26 de setembro de 2025, acta do 7 de novembro de 2025 e acta do 18 de decembro de 2025.
  2. Modificación da relación de postos de traballo nº 1. Aprobación inicial, se procede.
  3. Acordo de regulación sobre o uso de vehículo propio polos traballadores do Concello para o desempeño do seu traballo. Aprobación, se procede.
  4. Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e os sistemas de responsabilidade ampliada de residuos de envases domésticos, lixeiros e papel-cartón. Aprobación, se procede.
  5. Convenio de colaboración en materia de prevención e defensa contra incendios forestais. Xestión da biomasa nas faixas secundarias. Aprobación, se procede.
  6. Moción do Grupo Partido Popular sobre a modificación da localización da antena de telecomunicacións prevista preto de Santa Mariña de Augas Santas.
  7. Moción do Grupo do Bloque Nacionalista Galego de apoio ás reivindicacións do sector agroganadeiro galego.
  8. Dar conta de decretos: 374 a 459/2025 e 1 a 121/2026.
  9. Pregos e preguntas.

O Pleno será emitido tanto por Radio Allariz, 107.2Fm como pola nosa canle de Youtube, @RtvAllariz


Source link

Leave a Reply